Merlán homenaxea ao seu párroco tras máis de medio século de labor relixiosa nesta parroquia

Homenaxe ao párraco de Merlán
Os veciños e veciñas de Merlán xuntáronse para rendirlle homenaxe ao párroco Pedro Taboada Garea, que leva exercendo misa nesta parroquia máis de 50 anos. Natural de Visantoña, Pedro Taboada, vive dende hai máis de medio século na casa parroquial e exerce misa nas parroquias de Ferreira, San Xorxe e Merlán.
O domingo 22 de xuño, os feligreses de Merlán rendianlle un recoñecido homenaxe ó párroco co que compartiron vivencias dende hai máis de medio século. Primeiro, celebraron unha misa as 13:00h. seguida do levantamento dunha pedra, en Homenaxe ao párroco Pedro Taboada Garea, posteriormente a Presidenta da Asociación cultural “A Fonte de Merlán”, fixolle entrega da chave símbolica das portas de Merlán. Logo, no local social de Merlán, os veciños compartiron un xantar elaborado por eles donde non faltou a carne a brasa. A xornada a que asistiron máis de 60 veciños/as, estivo amenizada polas interpretacións musicais da Asociación “A Fonte de Merlán” e contou coa colaboración do Concello de Palas de Rei.











