publicidade hoxe

Membros do equipo de goberno de Ponte Caldelas visitan a ludoteca municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do equipo de Goberno á ludoteca

Visita do equipo de Goberno á ludoteca

Membros do equipo de Goberno visitaron as instalacións da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas e participaron nas actividades organizadas polas monitoras do centro educativo dentro das tradicionais celebracións de San Xoán. Tanto o alcalde, Andrés Díaz, como os concelleiros Alfonso Gutiérrez, Lito Muíños e Manuel Barreiro saltaron os rescoldos dunha pequena fogata feita para o divertimento dos rapaces invocando a coñecida frase: “Salto a fogueira de San Xoán para que non me morda nin cobra nin can”.

Asemade, o alcalde e os membros do equipo de Goberno departiron coa directora e monitoras da Ludoteca Municipal coincidindo na necesidade de ampliar o horario de verán que quedará establecido, do 1 de xullo ao 21 de agosto, de 9:30 a 14 horas co fin de facilitar a conciliación laboral e familiar. O horario de tarde será de 16:30 a 20 horas.

A Ludoteca Municipal dispón dun total de 80 prazas das que só quedan dispoñibles 25 en horario de tarde. Para poder facer efectiva a inscripción deberán dirixirse ás oficiñas do centro antes do 1 de xullo, data en que remata o prazo para anotar aos rapaces ás actividades. O prezo será de 60 euros por toda a tempada e de 40 por só un mes. 

FOMENTO DO USO E APRENDIZAXE DO INGLÉS 

Outra cuestión que consideraron fundamental é o fomento da aprendizaxe e reforzo educativo do inglés para o cal ampliaránse as actividades onde se incentive a práctica deste idioma.

A Ludoteca Municipal está especialmente dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos e ten como fío ás súas actividades de lecer e aprendizaxe que terán ás rutas de sendeirismo, o taller de música, xogos de exterior, a celebración do entroido de verán, taller de música, xogos de exterior, a celebración do entroido de verán, talleres de cociña, animación á lectura, día do patinete e o uso do inglés como protagonistas.

Entre as actividades que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto na Ludoteca Municipal rutas de sendeirismo e saídas aos arredores, yincanas e xogos en inglés, xogos de exterior, celebración de obradoiros de cociña, animación á lectura, manualidades de verán, etc. 

A LUDOTECA COMO CAMPAMENTO URBÁN 

Un dos obxectivos do Concello de Ponte Caldelas co fomento de actividades estivais na Ludoteca Municipal vai orientado a favorecer a compatibilidade entre a vida laboral e a familiar. O feito de que finalice o curso escolar non impide que se poidan desenvolver actividades lúdicas e formativas para os máis pequenos á vez que son atendidos nun centro público con garantías mentres os seus pais están aínda en horario laboral.

A intención do Concello de Ponte Caldelas é que a Ludoteca Municipal funcione na práctica como un campamento urbano onde as actividades, a convivencia, a socialización e a aprendizaxe pola vía do xogo sexan os instrumentos que favorezan un maior e mellor desenvolvemento persoal e individual dos nenos e nenas que asisten a esta iniciativa.

24 de xuño de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.