publicidade hoxe

Medio cento de veciños de Brión participaron nun xantar de despedida das actividades para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Festa de clausura das actividades

Festa de clausura das actividades

Máis de medio cento de maiores de Brión participaron na festa de despedida do curso 2014-2015 das actividades para persoas maiores do Concello de Brión, que este ano reuniron a oitenta veciños e veciñas. A festa tivo lugar no centro social polivalente, cun xantar ao que seguiu un baile e unha posta de escena dunha coreografía montada polos alumnos e alumnas das clases de ximnasia para maiores. Así mesmo, onte domingo tamén se celebrou o derradeiro día de baile no polivalente, cunha gran afluencia de público e un gran brindis con sangría para refrescarse nunha tarde moi calurosa.

29 de xuño de 2015 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.