Medio Ambiente realizará a mellora do firme no carril dereito da autovía AG-53 ao longo desta semana
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), levará a cabo ao longo desta semana unha actuación de mellora superficial do firme no carril dereitoda autovía AG-53, en ambas calzadas, que requirirá o corte dese carrilno tramo comprendido entre os pk’s 62+640 e 69+380, entre Amear e Casandulfe.
Para este traballo, estenderase un tratamento superficial de microaglomerado coa finalidade de mellorar a resistencia ao deslizamento, co fin de efectuar unha obra de conservación ordinariae que requirirá un investimento de preto de 110.000 euros, ademais, si as condicións climatolóxicas son favorables, a actuación iniciarase mañá martes, 2 de xuño.
As labores terán unha duración de entre 4 e 5 días, polo que quedarán rematadas entre o venres 5, concretamente, este día finalizarán sobre as 12.30 horas en cumprimento das instrucións da DGT de no realizar restricións de tráfico desde as 14.00 h. dos venres; e o luns 8. Traballarase desde as 8:30 ata as 17.30 horas, aínda que o corte manterase asta as sete e media/oito da tarde, porque o tipo de mestura que se vai a utilizar necesita ese tempo de curado antes da apertura ao tráfico, para que se poidan garantir os resultados esperados.
Labores concretas
Os traballos suporán o estendido dunha capa de microaglomerado en frío no carril dereito da AG-53, en ambas calzadas, entre os pk’s 62+640 e 69+380, coincidente co subtramo “Amear-Casandulfe” do fracionamento das obras de construción da AG-53, polo que a superficie aproximada cuxo firme mellorarase ascenda a uns 47.000 m2.
Esta actuación planificouse a raíz dos resultados obtidos nas últimas revisións para determinar o coeficiente de rozamento transversal do firme da AG-53, nas que se observaron un notable descenso de dito parámetro, que alcanzou valores inferiores aos establecidos nas condicións de explotación.
A execución dos traballos requirirán realizar o corte do carril sobre o que se aplica o microaglomerado desde o inicio dos traballos e ata unhas dúas horas tras a súa finalización, para facilitar o curado da nova capa de firme.











