publicidade hoxe

Medio Ambiente inicia as obras de continuación das beirarrúas de Cangas de Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFoz
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras para a continuación das beirarrúas da estrada LU-162, en Cangas de Foz, no concello lucense de Foz. As obras foron adxudicadas á empresa Construcións Isidro Otero, S.L. por preto de 190.000 euros (186.931,71 euros). A actuación complementa á realizada no ano 2013 polo goberno autonómico noutro treito da travesía de Cangas de Foz, na que se investiron algo máis de 212.000 euros.

Con esta actuación, mellorarase a seguridade viaria da estrada Ferreira de Valadouro – Cangas de Foz (LU-162) ao seu paso por Cangas de Foz ao dotala de beirarrúas polas dúas marxes, nunha lonxitude de 475 metros.

A actuación desenvolverase entre os puntos quilométricos 11+370 e 11+945. Neste punto as novas beirarrúas conectarán coas executadas hai dous anos ata o final da estrada (na intersección coa N-642), que sumaron mais de 500 m de lonxitude. Deste xeito, os veciños contarán con case un quilómetro de beirarrúas continuas polas dúas marxes deste vial.

O proxecto contempla ademais a disposición dunha rede de recollida das pluviais nas dúas marxes da estrada, que se conectarán coa rede existente.

O prazo de execución das obras será de catro meses, polo que as obras estarán finalizadas neste outono.

17 de xuño de 2015 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.