Marea Atlántica cifra o aforro anual en 600.000 euros ao ano cos cambios na xestión municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A Marea Atlántica aprobou, en Xunta de Goberno, a nova estrutura municipal da Coruña, que reduce a tres as direccións de área e que suporá un aforro de 411.646,92 euros, segundo informa. A iso, sumaranse outros 195.278,54 euros en persoal eventual, “o que fai unha redución do gasto superior aos 600.000 euros ao ano”.

Nun comunicado, Marea Atlántica explica que, na reunión, procedeuse ao nomeamento da directora da asesoría xurídica; do coordinador de seguridade cidadá e do director de apoio á Alcaldía, os únicos postos que se manterán na nova estrutura. Os titulares dos tres órganos directivos que se manteñen serán Marta García Pérez, como directora da asesoría xurídica; Carlos García Touriñán, como coordinador de Seguridade Cidadá, e Juan Carlos Martínez Muñiz, como director de apoio á Alcaldía.

Mentres, desaparecen as direccións de Urbanismo, Facenda e Administración Pública; Seguridade e Mobilidade; Planificación e Administración Electrónica e Educación e Deporte e Mocidade.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a súa constitución e o réxime de sesións; a delegación de competencias aos tres directores de área que se manteñen e a determinación e o número de persoal eventual, así como as retribucións. Serán, en total, 21 postos de apoio ao equipo de goberno e á oposición.

19 de xuño de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.