publicidade hoxe

Manuel Fernández Munín, Jesús Sanjuás e Mary Botana serán os tenentes de alcalde de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

No Pleno de organización que Boqueixón celebrará o vindeiro xoves ás 8 da tarde, o alcalde proporá establecer tres tenencias de alcaldía, que recaerán a primeira en Manuel Fernández Munín, a segunda en Jesús Sanjuás Mera e a terceira será para Mary Botana.

Fernández Munín terá ademais delegada a Concellería de Modernización, transparencia, ordenación municipal e obras, con competencias en xestión económica, administración xeral, urbanismo e obras.

Pola súa banda, Jesús Sanjuás será o delegado na Concellería de Servizos, seguridade e medio ambiente, que coordinará os servizos públicos que presta o concello, tanto de maneira directa como a través de concesións administrativas. Entre os directos atópase a recollida de lixo, limpeza viaria, desbroces, mantemento de edificios, parques e xardíns, protección civil ou defensa contra incendios.

A terceira tenente de alcalde, Mary Botana, terá delegadas as competencias da área de Educación, cultura e deportes.  O resto de concellerías serán as de Servizos Socias e Igualdade, que coordinará Ana Seijo; a de Industria, comercio, novas tecnoloxías e innovación, para Antonio González Barral; a de Terra e monte, que levará Jesús Santasmarinas e a de Formación, emprego, turismo e desenvolvemento local que dirixirá Alejandro Bermúdez. Por último, o alcalde asumirá como propias as competencias en materia de xuventude.

O pleno tamén decidirá a composición da Xunta de Goberno, formada polo alcalde e os tres tenentes de alcalde;  a Comisión de contas, que estará presidida por Manuel Fernández Munín e terá como vogais a Jesús Santasmarinas, Alejandro Bemúdez, Antonio González Barral e Xabier Canabal.

Pola súa banda, a Mesa permanente de contratación contará con Ana Seijo como presidente e con Jesús Santasmarinas, Alejandro Bermúdez, Antonio González Barral, Elena Suárez (secretaria interventora) e Xabier Canabal como vogais. Unha lexislatura máis, o concello de Boqueixón dá entrada a un representante da oposición no órgano de contratación.  Por último, os representantes municipais na Fundación Pedro Pérez serán Ovidio Rodeiro e Ana Seijo e no Consello escolar Mary Botana.

Na proposta da alcaldía sinalábase que os plenos ordinarios celebraríanse cada dous meses, pero o grupo de Goberno avanza que estudiará a celebración das sesións plenarias unha vez ao mes a proposta da oposición de Agora Vós.

23 de xuño de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.