Mantense o duelo astur-cántabro na segunda xornada do nacional 49er
Segunda xornada do Campionato de España Open 49er – Gran Premio Deputación de Pontevedra no Centro Galego de Vela da Federación Galega de Vela en Vilagarcía. Hoxe houbo adiamento para saír á mar debido á entrada dun mercante no porto comercial da vila, nada máis despexarse a zona de tráfico marítimo a flota dos 49er partiu cara ao campo de regatas na ría de Arousa, pero con mellores condicións de vento, chegando aos 12 nós do SW.
Si onte disputáronse un total de 5 probas seguidas, hoxe foron 4 probas as disputadas; mañá xoves serán 5 e o venres as últimas 4, para completar o total de 18 previstas baixo a fórmula World Cup.
Como na primeira xornada as saídas foron moi apuradas, con algún fóra de liña e por sorte sen ningunha chamada xeral. Non é nada fácil manobrar os 49er con moi pouco vento, as tripulacións están en permanente equilibrio; e se o vento refresca hai que controlar o acelerador porque enseguida se poden pasar de longo.
Nas tres primeiras probas os 49er cubriron o campo de regatas con dúas cinguidas e dúas popa; e na última, e cuarta proba, ao subir un pouco máis a intensidade de vento foron tres cinguidas e tres popas.
Os irmáns Alonso picaron na sexta proba, primeira deste mércores, e lograron un primeiro posto na segunda da xornada. A tripulación Diego Botín e Iago Lopez foi algo máis regular con dous segundos postos, na terceira e cuarta de hoxe. E Carlos Paz, xunto a Álvaro do Arco, empezou ben pero na segunda e terceiro proba non puideron subir do sétimo posto, pero remataron cun primeiro posto na última proba da xornada.
En canto aos estranxeiros, os cales participan neste Campionato de España Open 49er – Gran Premio Deputación de Pontevedra por Open, os canadenses David Mori e Justin Barnes seguen á fronte ocupando cuarto posto da xeral por detrás dos primeiros irmáns Alonso e de Diego Botín – Iago López e de Carlos Paz – Álvaro do Arco, segundos e terceiros respectivamente.











