Mañá péchase o prazo para participar na Travesía a Nado Porto da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Mañá mércores, ás 23:59 horas, péchase o prazo de inscrición para participar na XX Travesía a Nado Porto da Guarda, que terá lugar o próximo sábado día 4 ás 18 horas. Esta travesía está enmarcada dentro da programación da XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebrará durante toda a fin de semana no Porto da Guarda e está organizada pola concellería de Deporte do Concello coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Cofradía de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas.

Como na edición anterior a Travesía non está incluída no Circuíto de Augas Abertas polo que a distancia a percorrer é de 400 metros ou de 1.500 metros, segundo a idade do nadador.

Nesta proba poden participar tanto nadadores federados como aqueles que non o estean.

Nas listas xa hai anotados máis de 130 nadadores e espérase que se chegue ós 150. Todos aqueles interesados en participar, aínda están a tempo de facer efectiva a súa inscrición mediante a plataforma web: www.reunalia.com/5244519 .

As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda , na dirección de correo deporte@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.

30 de xuño de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.