Mañá mércores ábrese na Laracha a exposición “Galicia – Cabo Verde: unha irmandade”
O Concello da Laracha, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, abrirá mañá mércores a exposición titulada Galicia-Cabo Verde: unha irmandade no edificio de servizos múltiples da capital municipal.
A mostra céntrase no traballo do fotógrafo ferrolán Rober Amado nunha visita realizada no ano 2013 aos principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante máis dunha década de cooperación con Cabo Verde. As instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas por eses proxectos e que no seu conxunto nos achegan á realidade do país. Galicia-Cabo Verde: unha irmandade consta concretamente de vinte paneis con fotografías e textos informativos
Esta exposición poderase visitar gratuitamente ata o 1 de agosto. De luns a venres abrirá de 17:00 a 20:30 horas e os sábados, de 11:00 a 13:00 horas.











