Máis de 500 comensais reúnense en Fexdega para a Romaría das Persoas Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Cincocentos cincuenta comensais reúnense mañá no pavillón de Fexdega para participar na Romaría das Persoas Maiores, unha entrañable celebración que se celebra dende hai 22 anos. A festa contará con todos os ingredientes que caracteriza a este multitudinario evento: gastronomía, música, baile e concursos. O alcalde, Alberto Varela, e os concelleiros do equipo de goberno compartirán mesa, mantel e diversión cos asistentes.

A Concellería das Persoas Maiores organiza e subvenciona este encontro de verano a efectos de que os asistentes poidan gozar da xornada de diversión a un prezo asumible pro todos os petos.

O almorzo preparado para a ocasión componse de empanadas variadas, mexillóns ao vapor e carne ao caldeiro con patacas. A comida poderá regarse con viño, auga mineral ou refrescos. De sobremesa servirase larpeira e para rematar haberá café con ou seu gotas e licores.

A festa en Fexdega comezará a mediodía. A romaría estará amenizada polo conxunto musical “Os Tres Latinos”. Entre as actividades programadas est´án os tradicionais concursos de baile, rá e chave e tamén se renderá homenaxe ao home e á muller de maior idade presentes na festa.

19 de xuño de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.