Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza no Mercado Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa que mañá 11 de xuño co gallo da celebración do Dia Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas no Mercado Municipal.

Para elo habilitaranse mesas e cadeiras na Praza para que as persoas interesadas poidan sentarse a facer calceta ou a aprender a facela. A actividade terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 19:00 horas. O acto, organizado polo Concello de Lugo, está aberto á participación de toda a cidadanía.

10 de xuño de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.