publicidade hoxe

Lousame celebra o Día da Bicicleta este domingo 21 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame, en colaboración co Club BTT O Treito e a Deputación da Coruña, organiza o “Día da bicicleta”, que terá lugar este domingo 21 de xuño a partir das 11:00 horas na praza Teodomiro Hidalgo. A participación é totalmente de balde e sen límites de idade.

As anotacións realizaranse o propio domingo 21 de xuño, a partir das 11:00 horas, na Praza Teodomiro Hidalgo. Os participantes poderán disfrutar dun percorrido de 6 quilómetros polo municipio (de baixa dificultade, tanto técnica como física) ou dun circuíto de conos na praza do Concello, especialmente recomendado para os máis pequenos. Os máis aventureiros poderán participar dunha mini BTT. Ao remate dos percorridos haberá un avituallamento para todos os participantes.

19 de xuño de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.