Lara Méndez apunta a un principio de acordo con Lugonovo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, destacou este martes un “principio de acordo” con Lugonovo para integrarse no goberno local da cidade, tras unha reunión mantida o luns polas comisións negociadoras de ambas as dúas formacións políticas.

Méndez comentou, no segundo día de visita a distintos departamentos municipais, que o encontro, que se prolongou máis alá das dúas horas, discorreu “nun clima moi cordial”. “Unha reunión moi de programa e non se falou tanto de reducións (de asesores e concelleiros con dedicacións exclusivas que aprema Lugonovo) que terán que dicir cual é o marco en que o formulan e se se poden asumir as peticións que fagan”, abundou.

Ao respecto, sinalou que o formato deste novo partido “é asambleario, co cal terán que decidir se forman parte do goberno, aínda que todo apuntaba a que hai un principio de acordo como se recolle nos medios”.

Méndez recoñece que hai puntos “inasumibles” aínda que os reduce a “aqueles asuntos que non son competencias propias do Concello” e a Casa do concello, segundo subliñou “non pode asumir competencias autonómicas”.

Así mesmo, insistiu en avogar “por un goberno estable, que le de estabilidade ao Concello”. “E despois, se somos dous ou tres forzas chegando a acordos ou consensos non imos ter problemas”, agregou.

REPARTICIÓN DE ÁREAS

Ao respecto da repartición áreas, a alcaldesa de Lugo comentou que o teñen “máis complicado porque non é o mesmo facer unha repartición entre oito, dez ou entre trece”. “Hai que ver cántas persoas conformamos o goberno para logo poder estruturalo”, concluíu.

Finalmente anunciou que na tarde deste martes haberá outro encontro co BNG, que ao igual que Lugonovo apoiou a investidura de Lara Méndez no pleno do pasado sábado.

16 de xuño de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.