Lalín respalda ao colectivo LGTBI colocando a bandeira do arco da vella na fachada do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Colocación da bandeira

Colocación da bandeira

A enseña ondeará no balcón do salón de plenos ata o domingo, Día Internacional do Orgullo LGTBI. É a primeira vez que o concello de Lalín se suma a esta iniciativa.

O concello de Lalín sumouse hoxe por primeira vez á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTB coa colocación da bandeira do arco da vella na fachada da casa consistorial. O acto de colocación, ao que foron convidados todos os portavoces municipais e traballadores do concello, tivo lugar ás 12.45.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, salientou que se trata dun acto simbólico de apoio ao colectivo LGTBI porque “Lalín quere ser exemplar na reivindicacións dos dereitos e na defensa das liberdades sociais”. Cuíña engadiu que Lalín é “un concello de mente aberta e estes colectivos deben saber que esta é a súa casa e que o goberno municipal vai ser garante de que se sintan representados”.

A bandeira permanecerá colocada neste lugar ata o domingo co obxectivo de amosar o respaldo municipal e darlle visibilidade ao colectivo LGTBI.

26 de xuño de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.