Juanmi Doval volverá a ocupar o posto de director de actividades da Fundación de Deportes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Juan Miguel Doval “Juanmi” volverá a ser exercer de director de actividades da Fundación de Deportes logo do acordo ao que chegou co goberno local a través do concelleiro Miro Serén. Mestre diplomado en Educación Física e ex-xogador de rugby, Juanmi Doval xa exerceu esas mesmas funcións durante o último mandato de Javier Gago e o da súa sucesora, Dolores García. Daqueles oito anos Doval deixou un grato recordo tanto entre os seus compañeiros de traballo na Fundación e no Concello como na maioría dos clubs. O goberno do Partido Popular, sen embargo, decidiu prescindir do seus servizos.

Conscientes da súa traxectoria e da necesidade de enderezar o rumbo da Fundación, a entidade que presidirá Miro Serén decidiu recuperar a Juanmi Doval. Con todo, a decisión do goberno local deberá ser refrendada no pleno de organización, ao tratarse dun dos postos de confianza.

26 de xuño de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.