Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla representarán en Ferrol a obra de humor para adultos “Viejóvenes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Os actores e humoristas Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla subiránse este domingo 7 de xuño ao escenario do Auditorio de Ferrol para reprsentar a obra cómica “Viejóvenes”, dentro da programación elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. O espectáculo dará comezo ás 19.00 horas e as persoas interesadas en comprar anticipadamente a súa entrada o poden facer no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (Apartado Axenda Cultural). O prezo das localidades é de 20 e 18 euros, en función da ubicación.

“Viejóvenes” é unha comedia de humor para adultos. Os seus protagonistas, Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla, son o dúo de actores sobre o que recae o peso desta representación. Os dous son coñecidos grazas a programas como “Muchachada Nui”, “La hora Chamante” e “Museo Coconut” -dirixidos e creados por eles mesmos-, ademais das intervencións humorísticas nas dúas últimas galas dos Premios Goya.

4 de xuño de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.