Jesús Vázquez e o secretario xeral do Eixo Atlántico avanzan na colaboración de Ourense en proxectos de cooperación da Eurorrexión

Jesús Vázquez na reunión con Xoán Vázquez
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reuniuse esta mañá no Concello co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, para avanzar en vías de colaboración que permitan reactivar e estreitar a Participación do Concello de Ourense nos proxectos que desenvolve o Eixo Atlántico, organismo sen ánimo de lucro no que se integran as cidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se adica a apoiar iniciativas que fomenten a cooperación transfronteiriza.
Na xuntanza, que dará paso a unha reunión técnica nas próximas semanas, alcalde e secretario xeral definiron vías de colaboración entre ambas entidades, co obxectivos de reforzar a participación de Ourense en proxectos europeos do Eixo Atlántico e reforzar a posición de Ourense dentro do Eixo Atlántico
O alcalde de Ourense será o coordinador dun dos grupos de traballo que se encargará de elaborar a Axenda urbana do Eixo Atlántico. Será o denominado “Cidade competitiva”, na que se integran áreas como as de Educación, Cultura, territorios creativos, turismo, emprego e Universidade.
A axenda urbana é un documento que promove o Eixo Atlántico, a través de diferentes grupos de traballo, que pretende ser un instrumento de planificación sobre o papel que deben xogar as cidades despois da crise. Cada área contará cun responsable político coordinador, que no caso da área Cidade competitiva será o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Tamén se fortalecerá a presencia de Ourense en Portugal, e a súa promoción desde un punto de vista turístico nas cidades do Eixo Atlántico, e moi especialmente no marco da Capitalidade da Cultura do Eixo Atlántico 2016, que acollerán Vilarreal e Matosinhos, como oportunidade para visibilizar e prpompocionar desdde un punto de vista turñística neste contorno.











