Izado da bandeira LGBT en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Izado da bandeira

Izado da bandeira

Con motivo da celebración o vindeiro domingo 28 de xuño do Día do Orgullo LGBT, o Concello de Cangas aproveitou para izar a bandeira na súa fachada. Ao acto acudiu o alcalde, Xosé Manuel Pazos, en compañía de varios concelleiros, Tania Castro, Eva Rodríguez, Tomás Hermelo e Mercedes Giráldez. David Herbello, veciño de Cangas e impulsor do acto, dedicou unhas palabras á xente nova para “dicirlles que non están sós” e calificou o acto como “símbolo do cambio que se vai a levar en Cangas”. Para rematar, Herbello puntualizou que “o amor non entende de raza, de sexo nin de lugar de procedencia; o amor é amor e Cangas nos apoia”.

26 de xuño de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.