IV edición da Noite Estrela en Marín
Para celebrar o inicio das rebaixas o venres 3 de xullo realizaremos unha campaña de dinamización comercial chamada “A Noite Estrela”, mediante a cal os establecementos comerciais participantes prolongarán o seu horario comercial ata as 12 da noite, ofrecendo descontos e diversas actividades de promoción co obxectivo de incentivar o consumo dos clientes e premiar a súa fidelidade. Nesta edición participarán 34 establecementos de moda, complementos, centros de beleza, bares, restaurantes, vinotecas, xoierías…











