publicidade hoxe

IV Concentración do Moto Club A Cento Cien en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Este fin de semana os días 19,20,21levarase a cabo a IV Concentración Moto Club A Cento Cien organizada pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Gondomar e MOTOCLUB A CENTO CEN. Ao longo dos tres días desenvolveranse múltiples actividades entre as que se inclúen rutas moteirasunhas das cales se celebrará o sábado ás 00:00 e será a primeira vez que se realice unha ruta con globos de helio con iluminación. Dentro do programa haberá tempo para actividades, exposicións e xogos nos que cabe destacar as Primeiras Olimpíadas Moteiras que contarán con dúas animadoras. E non pode faltar a comida e as festas nocturnas amenizadas con dj.Cubríronse sobre 200 inscricións anticipadas e espéraseunha grande afluencia de público. Contado para aloxamento con, zonas de acampada e outros establecementos próximos ao centro para aloxamento de participantes e visitantes.

Venres 19:
19:00 Apertura inscricións, cana e bolsa.
22:00 Picada de benvida inscritos (chourizada)
23:00 Festa en carpa pechada

Sábado 20:
09:30 a 10:30 Almorzo inscritos en cafetaría.
11:00 Apertura inscricións, cana e bolsa.
11:30 Ruta moteira con picada
14:30 Comida inscritos: porco o espeto con patacas sobremesa e café
16:30 Actividades, Xogos e exposicións. (Primeiras Olimpiadas Moteras)
22:30 Cea inscritos: catering 1º e 2º prato sobremesa e café
00:00 Ruta de globos de helio con iluminación
00:30 Festa en carpa pechada
01:30 Sorteo regalos

Domingo 21:
09:30 a 10:30 Almorzos inscritos en cafetaría
11:30 Ruta con picada
14:00 Entrega trofeos
14:30 Comida inscritos: catering 1º e 2º prato, sobremesa e café
16:00 Fin de concentración

18 de xuño de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.