Inaugúrase o curso “Sementa o teu futuro: dinamización de emprego” na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Inauguración do curso

Inauguración do curso

O curso “Sementa o teu Futuro: Dinamización de emprego” organizado pola Concellería de Xuventude do Concello da Guarda a través da OMIX inaugurouse a semana pasada coa presencia do alcalde do municipio, Antonio Lomba.

A actividade, na que aproximadamente hai unha vintena de alumnos e alumnas, nace co obxectivo de dinamizar, estimular e orientar á cidadanía para chegar a crear iniciativas que melloren o presente e perfilen un futuro con máis opcións e oportunidades de traballo para cada un deles. 

Esta semana, as clases continúan en horario de de 9 a 14 horas na Casa de Oficios do Concello. Durante estas xornadas profesores e alumnos seguirán coa formación e marcarán novos obxectivos. 

Esta formación ten unha duración dun mes.

22 de xuño de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.