publicidade hoxe

Inaugúrase na Xunqueira a exposición “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Redondela será a segunda parada da exposición sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado nas Letras Galegas 2015, organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do Museo, e a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inauguración celebrarase o 11 de xuño ás 20.00 horas no multiúsos da Xunqueira, e asistirán a deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o concelleiro de cultura en funcións de Redondela, Julio Alonso.

Esta exposición itinerante céntrase na vida e na obra de Xosé Filgueira Valverde, unha das figuras máis sobresalientes do seu tempo en Galicia, que se significou pola diversidade dos seus intereses intelectuais e a multiplicidade das actividades e iniciativas docentes, académicas, culturais ou políticas, que puxo en marcha e impulsou.

A mostra está composta por 7 paneis e 2 cubos que destacan o papel de Filgueira como promotor e defensor do uso do galego, o seu compromiso co galeguismo, o seu labor no Instituto de Pontevedra e na creación do Museo, e as súas facetas como creador literario, estudoso da literatura e de múltiples saberes.

Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra e autor dos textos, e Ana Mª Costas Carbajal, son os coordinadores desta mostra que poderá visitarse na Xunqueira ata o vindeiro 30 de xuño, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:30 horas, sábados e domingos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.

10 de xuño de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.