Inaugúranse na Coruña varias exposicións conmemorativas do Día das Forzas Armadas

Belén do Campo na inauguración das exposicións
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, asistiu esta mañá á inauguración de tres exposicións temáticas: Soldados e cuarteles coruñeses (1864-2015), Maquetas de vehículos da 2ª Guerra Mundial e Vehículos histórico-militares, que se manterán abertas ao público no acuartelamiento de Atocha, na cidade da Coruña, ata o 7 de xuño. O acto, que estivo presidido polo xeneral xefe da Forza Loxística Opertativa, Francisco Javier Abajo Merino, e que contou tamén coa presenza do subdelegado do Goberno, Jorge Atán, enmárcase na programación conmemorativa do Día das Forzas Armadas 2015.











