publicidade hoxe

Imputan a un xoven de Cotobade por causar un incendio forestal nunha zona de maleza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil imputou un veciño de Cotobade (Pontevedra) de 24 anos como presunto autor dun delito de incendio forestal cometido na tarde deste martes nunha zona de maleza situada na localidade pontevedresa. Tal e como informou o Instituto Armado, na tarde deste martes recibiron un aviso dun cidadán alertando de que un mozo prendera lume un a masa forestal da marxe da estrada PO-233, á altura do cruzamento de Almofrei.

Ata o lugar trasladáronse patrullas da Garda Civil, que comprobaron que na zona había queimados ao redor de dous metros cadrados de zona de maleza, polo que procederon á identificación do presunto autor da queima, que levaba enriba un chisqueiro co que tería iniciado o lume.

Por todos estes motivos, os axentes procederon a imputar e instruirlle dilixencias ao mozo, que responde ás siglas M.P.P. e carece de antecedentes policiais, para a súa posta a disposición do Xulgado de Instrución de Pontevedra en funcións de garda, onde deberá presentarse cando lle sexa requirido.

24 de xuño de 2015 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.