Igualdade organiza unha nova edición do programa Espazo Coeduca durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Igualdade en funcións, Marga Martín, a técnica Malena de Jesús e a coordinadora, Berta Veiga presentaron esta mañá unha nova edición de Espazo Coeduca, un programa que desenvolve o Concello, dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos de idade, que se desenvolverá na Concellería de Igualdade, durante os meses de xullo e agosto.

O programa, posto en marcha en 2012, ten como obxectivo crear un espazo de aprendizaxe lúdico e creativo onde se desenvolvan actividades que posibiliten que nenas e nenos se sintan protagonistas do seu propio proxecto vital e lles permitan vivenciar que o feito de seren mulleres ou homes ten a mesma importancia. Un espazo igualitario de lecer, no que se desenvolverán actividades de expresión corporal e dramatización, expresión plástica e artística, e cociña creativa.

As persoas interesadas poderanse inscribir na Concellería de Igualdade a partir do 16 de xuño, de 10,00 a 13:30 horas ou recibir máis información no teléfono 988393191. 

A concelleira de Igualdade fixo tamén balance do programa  de sensibilización e prevención contra a violencia de xénero nos centros educativos de Ourense, no que participaron 200 alumnos e alumnas de 12 a 16 anos, dos centros Prieto Nespereira, Portovello e IES O Couto, e do programa de prevención da violencia dirixido a mulleres que viven ou teñan vivido situacións de violencia machista, con 12 participantes, e 3 liñas de traballo: grupo de apoio, titorías individuais e obradoiros temáticos

9 de xuño de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.