Igualdade destina 70.000 euros a axudas para actividades extraescolares por parte das Anpas coruñesas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Delegación Territorial da Coruña, a través do Servizo de Igualdade, acaba de conceder axudas por importe de case 70.000 euros destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnos dos centros educativos da provincia sostidos con fondos públicos. A súa finalidade é a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral.

As actividades están destinadas a alumnos de educación infantil, primaria e de centros de educación especial de cara a posta en marcha das distintas iniciativas o vindeiro curso escolar.

Esta liña de subvencións, cofinanciada co Fondo Social Europeo, achega axudas a 18 centros da Coruña de 12 concellos. Unha das singularidades da convocatoria para o próximo curso escolar foi que se primou a aqueles programas que contemplaban especificamente actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

11 de xuño de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.