Iago Aspas supera satisfactoriamente as probas médicas

Recoñecemento médico de Iago Aspas
Iago Aspas realizou esta mañá as probas médicas satisfactoriamente nas Instalacións Deportivas da Madroa. O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do club, foi o encargado de examinar ao canteirán celeste que esta tarde selará o seu contrato como xogador do RC Celta.
Unha decena de abonados Sub-15 acompañarán a Iago Aspas durante a súa presentación
Dez novos abonados vivirán este venres unha experiencia inesquecible no estadio de Balaídos. Esta decena de afeccionados acompañará a Iago Aspas a pé de campo ao longo de toda a súa presentación ante o celtismo, todo un premio á súa fidelidade cara ao club. Os afortunados foron elixidos por sorteo entre todos os abonados de ata 15 anos que, a día 17 de xuño, dispuñan de carné en vigor para a nova tempada.
Este xesto do club cara ao colectivo xuvenil da familia celtista non só recoñece o compromiso destes abonados, senón que enxalza o peso que os seguidores máis novos tiveron na incrible unión entre equipo e afección durante as últimas campañas.
Os afortunados son: Álex Taboada Lorenzo, Aroa Rodríguez Armenta, África Costas Lago, Gabriel Moreira Gundín, Carmen Castelo Fernández, Alejandro Marcote Cendón, Lucía Carrasco Lago, Xoel González Blanco, Beltrán Rodríguez Boubeta e Alejandro González Cedeira. Todos eles serán contactados vía telefónica para confirmar a súa asistencia ao evento.
#CrecemosXuntos: Campaña de Abonados 15/16
A presentación de Iago Aspas en Balaídos é unha ocasión inmellorable para achegarse aos despachos de billetes a renovar o carné ou darse de alta e así aproveitar as vantaxes especiais que ofrece a Campaña de Abonados ata o 30 de xuño: desconto nas renovacións e exención de suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’ tanto para renovacións como para altas.
Todos os trámites poden realizarse nos despachos de billetes do estadio, que permanecen abertas en horario ininterrompido desde as 10h ata as 20h, ou na plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta











