publicidade hoxe

Guitiriz acolle unha asemblea informativa das Comunidades de Montes de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

A localidade chairega de Guitiriz acolle o vindeiro sábado 27 de xuño unha Asamblea das Comunidades de Montes de Galicia. A convocatoria, que se desenvolverá no Mesón da Cabra e que dará comezo ás seis da tarde, recolle a obrigatoriedade de investir o 40% de todos os ingresos na mellora do monte, a situación actual dos montes veciñais consorciados e/ou conveniados, ademais da revisión do Plano Forestal de Galicia entre outros asuntos.

Tamén contará coa intervención da alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, que dará a benvida aos asistentes e unha ponencia técnica previa á asemblea sobre “o aproveitamento de residuos forestais” da man dunha empresa especializada en eficiencia enerxética.

O aproveitamento dos recursos do monte para a súa limpeza, a produción de enerxía, a rexeneración económica e o emprego son algúns dos puntos dos programa electoral da alcaldesa que en pasados días se ten reunido coas comunidades de montes do concello ata chegar a xurdir esta asemblea.

26 de xuño de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.