Grandes rexistros na 42 edición do Trofeo Boa Vila da Sociedade Ximnástica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

As pistas de atletismo do CGTD, viron un gran espectáculo no XLII Trofeo Boa Vila de atletismo, que patrocinou o Instituto Municipal de Deportes e que contou coa presenza de máis de 150 atletas de toda a Galicia. Destaca á atleta do Barbanza, Iria Forján, que quedou a tan só 1 centímetro do record galego absoluto; con 5,98 levou o trofeo á mellor marca da competición.

Os atletas da Sociedade Ximnástica conseguiron un total de 9 vitorias parciais, resaltando a Víctor Gallego que con 52,18 no lanzamento de disco, foi a mellor marca masculina do Trofeo; tamén o fixeron moi ben as cadetes Lucía Ferrer e Lucía Cardesín, Ferrer impúxose nos 100 metros valas sub18 con 16.04 e Cardesín nos 600 metros cadete con 1.40.29; ambas con marca de clasificación para o nacional cadete. As outras vitorias foron para: Darío Costas nos 200 metros con 22.48, mágoa do vento contrario; Alfonso Pérez nos 400 metros con 50.97; Xavier Rodríguez nos 2.000 metros obstáculos con 6.29.62; Marco Martínez nos 100 metros valas cadete con 16.29; Alex Solla nos 110 metros valas con 15.98 e Santi Ferrer Alonso no salto con pértega con 4.45.

O resto de vitorias parciais repartíronse entre os Clubs participantes, por parte da Ría de Ferrol, Lucía Fernández nos 3.000 metros cunha gran marca de 9.42.33; do FC Barcelona, Saleta Fernández en salto de altura con 1.72, outro magnifico rexistro; do San Narciso, Paula González no martelo Sub18 con 38.56; do Lucus, Faisal Dauda no disco júnior con 36.63; da Asociación Deportiva Mazí, Roi Estévez nos 600 metros cadete con 1.32.02, do Pinarium, Gustavo Santiago nos 1.500 metros con 4.19.09 e do Feminino Celta, Laura Chapela nos 200 metros con 26.59.

Dentro de dúas semanas a Sociedade Ximnástica organizará o Trofeo Cidade de Pontevedra, Memorial Celso Mariño; que será moi propicio de cara á preparación do galego absoluto, que se disputará o 18 de xullo.

25 de xuño de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.