publicidade hoxe

Gran éxito no VII torneo escolar de tenis Concello de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O VII torneo escolar de tenis concello de Gondomar, que se celebrou este pasado fin de semana tivo  un gran éxito, este evento deportivo que contaba cunha cota de inscrición de 3€,  logrou recadar preto dos trescentos euros, todos eles en beneficio de Desiree. Inscribíronse un total de 120 xogadores, dos cales soamente participaron ao redor de cen. Os participantes, procedían dos concellos de Gondomar, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán As Neves e Vigo.

Desde o club quérese agradecer “a axuda prestada de todo/a o/as colaboradores/as polo seu labor desinteresado ano tras ano, sen os cales non sería posible levar a cabo un evento como este, do concello de Gondomar e da súa concellaría de Deportes e salientar o bo comportamento dos deportistas, aos que se lles quere felicitar.

Coa celebración deste torneo escolar, a concellaría de Deportes dirixida por Natalia Salgueiro (en funcións) quere “dar as grazas especialmente a toda esa xente que unha vez máis demostrou, que cunha pequena achega, podémonos axudar os uns aos outros” e “felicitar a os membros do club e clubs do concello de Gondomar polo gran labor que se está levando a cabo, facendo de Gondomar un referente do Deportivo, polos grandes éxitos alcanzados en cada unha das  súas variedades”.

9 de xuño de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.