publicidade hoxe

Gran éxito do concerto de fin de curso da Aula de Música de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Concerto de fin de curso

Concerto de fin de curso

O auditorio do centro cultural de Sigüeiro quedou pequeno durante o concerto de fin de curso dos alumnos e alumnas da Aula de Música de Oroso. Unha actuación que estivo presidida polo concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, e dirixida por Juan Salgueiro, director da Aula de Música de Oroso.

Un ano máis, a Aula de Música optou por apostar por actuacións corais ou dos rapaces cos seus Mestres, facendo así o concerto moito máis atractivo para todos os presentes, pois non se trataba de agardar á única actuación dun familiar senón que a gran maioría dos alumnos interpretou varias pezas en grupo.

29 de xuño de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.