Gondomar máis implicado na concienciación
No dia de hoxe o alcalde de Gondomar Francisco Ferreira mantivo unha reunión coa empresa Geseco que é a responsable da recollida do lixo do Concello, nesta reunión o rexedor solicitou á empresa unha maior implicación no Concello ampliando as zonas de recollida, solicitando o cambio dos colectores defectuosos por uns novos e que realicen campañas de concienciación para que os veciños de Gondomar entendan o importante que é a reciclaxe dos materiais.
Ferreira puxo máis fincapé nesta reunión é transmitir á empresa que quere un Gondomar máis limpo polo cal instou a que se limpen os colectores da recollida de lixo, xa que nestas datas e coas altas temperaturas os cheiros desprendidos son moi desagradables. Confía en que a empresa entendeu as súas solicitudes e léveas a cabo en breve e pide os cidadáns que comprendan que é necesario que os veciños seleccionen os produtos que aroxan nos colectores e reciclen o máximo posible, agradecéndoo de antemán.











