publicidade hoxe

Fumega asume o reto de abrir durante todo o ano a residencia de Tempo Libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Francisco Fumega comprometíase diante das traballadoras da residencia de Tempo Libre a dinamizar estas instalacións para chegar a telas abertas durante todo o ano, tal e como veñen reclamando estas traballadoras dende hai anos.

O alcalde carballiñés, xunto co concelleiro Afolfo Nogueira, mantiveron este pasado xoves unha reunión, para coñecer o estado actual das quendas da citada residencia, e sobre todo para confirmarlle ás traballadoras a intención de iniciar xa as xestións diante da Xunta de Galicia, e máis en cocreto na Consellaría de Traballo e Benestar, organismo que dirixe esas dependencias, así como encargado de marcar as quendas de apertura destas.

De feito xa se iniciarion as conversas para acordar unha reunión cos responsables da Residencia de Tempo Libre “xa que etendemos que non podemos deixar pasar nin un minuto máis neste asunto”.

Fumega destacaba o interese do actual grupo de goberno en poñer en valor este tipo de infraestruturas para que, ademais de ofrecer unha establidade laboral as traballadoras que alí desempeñan os seus labores profesionais, tamén é un aliciente e un punto de atracción para o turismo “e isto debe ser durante todo o ano, non só en fases estacionais”.

Tanto Adolfo Nogueira como Francisco Fumega sinalaban o “importante motor que esta residencia de tempo libre pode ser para a economía local, xa que a súa apertura durante todo o ano beneficiaría a sectores tan importantes no Carballiño como o comercio e a hostalaria, creando un flujo de clientela que neste intre estase a desaprobeitar por ter esas instalacións pechadas”

Así mesmo os gobernantes municipais tamén teñen a intención de facer unha xestión indirecta desas dependencias, sobre todo no capítulo de información e publicidade da residencia, para que todo o mundo poida coñecer a súa existencia, así como as oportunidades que ofrece, non só para o turismo, senón tamén para a organización de eventos congresuais e de todo tipo.

Neste intre na residencia de Tempo Libre do Carballiño traballan unhas 26 persoas, e durante o presente ano estiveron abertas ó público estas instalacións un mes, en días e semanas soltas, e agora están abertas dende mediados de maio ata mediados do mes de outubro. En total serían 6 meses neste 2015, a espera de saber cales serán as quendas de apertura no mes de decembro e Nadal.

 

26 de xuño de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.