publicidade hoxe

Frades convoca un curso para acadar o carné de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades organiza un Curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios, de 27 horas de duración e que está dirixido a gandeiros e agricultores profesionais, xa que permite acadar o carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico. Un curso que terá lugar no multiúsos de Frades a partir do 22 de xuño, en horario de 16:00 a 20:30 horas.

No curso poderán participar ata un máximo de 30 alumnos/as, que deberán abonar 8,83 euros de dereitos de exame e outros 12,07 euros para a validación para a obtención do carné. O curso será impartido por técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar e as inscricións poden realizarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567.

A partir do 26 de novembro deste ano 2015, os usuarios profesionais e vendedores de produtos fitosanitarios deberán estar en posesión dun carné que acredite coñecementos axeitados para exercer a súa actividade. O curso que terá lugar en Frades é o de nivel básico, é dicir, para o persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, incluíndo os non agrícolas, e os agricultores que os fan na propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando produtos fitosanitarios que non sexan ni xeren gases tóxicos. 

8 de xuño de 2015 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.