publicidade hoxe

Fiuza convértese no terceiro reforzo para o Alondras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

O Alondras continúa traballando arreo na composición da súa plantilla para a vindeira campaña e agora tocou reforzar a zaga coa chegada do central Miguel Fiuza. Fiuza estaba nun momento delicado na súa traxectoria futbolística, posto que debía replantexarse seu futuro por motivos laboráis. O ceense, que nuns días cumplirá 28 anos, é enxeñeiro de camiños, canais e portos e o seu posto de traballo está en Vigo. A posibilidade de poder compaxinar o futbol co seu traballo foi unha das principais razón polas que descartou outras opción, como a do Boiro, e facilitou que asinara por unha tempada no Alondras.

Trátase dun central de gran envergadura, moi eficaz para unha categoría das características de terceira. Un xogador rápido no xogo, cunha excelente cultura táctica. Súmase moi ben ó ataque e vai ben de cara ó gol, case sempre en xogadas de estratexia.

No 2012 chegou ao Somozasonde estivo ás últimas tres tempadas. Alí conqueriu o ascenso a 2ªB, categoría na que xogou un total de 30 encontros a campaña pasada. Antes vestiu a camiseta do Ordes, Bergantiños, Laracha, Betanzos e Cee.

Fiuza convértese nun dos fichaxes estrela do novo Alondras de Jacobo Montes.

28 de xuño de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.