Final de tempada do Xuvenil Nacional en Barcelona
O equipo xuvenil de División de Honra do Santiago Futsal desprazouse este fin de semana a Barcelona para disputar o encontro de cuartos de final da Copa de España ante FC. Barcelona. O partido tivo dúas caras diferentes, cunha primeira parte igualada e bonita de ver para o espectador, na que o Barcelona tiña o balón e o Santiago Futsal non se engurraba, e unha segunda na que os locais sentenciaron o encontro.
No ecuador da primeira parte, o FC Barcelona puña costa arriba o partido con dous goles, o primeiro de estratexia e o segundo nunha xogada combinativa. Lonxe de vir abaixo, en menos de dous minutos os de Jorge Basanta igualaron o encontro con dous goles de Daniel Quintela. Pero unha acción individual dos locais a poucos segundos do descanso poría o 3-2 no marcador.
Na segunda parte, dous goles en dous minutos puñan terra polo medio entre locais e visitantes, que os de Santiago non puideron remontar.
Jorge Basanta valorou o encontro tras a súa conclusión “A valoración é agridoce. Quedo cunha primeira parte que foi o que máis gozamos esta tempada e competimos moi ben. Os erros a balón parado non levaron a un marcador demasiado avultado. Felicito a todo o equipo polo crecemento desde o principio de tempada. Gozamos, competimos e fomos fieis aos nosos valores”.
Por outra banda, na liga local feminina, o equipo Santiago Futsal A Gaiola A enfrontábase ao encontro de semifinais de Copa contra o segundo clasificado da liga, Meigas FC, un rival moi complicado que en ningún momento puxo as cousas fáciles ao conxunto branco. Aínda que o Santiago dispuxo das ocasións máis claras para ampliar a vantaxe obtida cun gran gol de Vero, o non materializalas deu vida ao rival, que obrigou a Chus a empregarse a fondo para manter a portaría a 0.
O tempo concluíu sen cambios no marcador, pero podendo gozar dun dos mellores encontros da tempada por parte de ambos os equipos.
O SFAG alcanza o seu 2ª final consecutiva no torneo de Copa, nas súas 2 anos de historia.











