Fin de semana de festexos na honra de Santa Ana en Veigadaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Esta fin de semana celébranse as Festas na Honra de Santa Ana, en Veigadaña-Petelos. O sábado 13 de xuño os actos festivos comezarán ás 08.00 horas da mañá co Salva de Bombas que anunciará o inicio das festas. Xa pola noite, ás 22.00 horas, empezará a verbena que estará amenizada musicalmente pola orquestra Tango de Vigo e o grupo Arena.

O domingo, día14, ás 12.00 horas actuará o Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras e ás 12.30 horas oficiarase a Misa Solemne na honra de Santa Ana, seguida de procesión e subasta de doazóns á Santa.

A verbena do domingo iniciarase ás 21.00 horas e contará coas actuacións musicais do Trío Azar e o Dúo Estelar. 

O recinto de festas estará cuberto por unha carpa según as condicións meteorolóxicas.  

11 de xuño de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.