publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Fin de semana de agility en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Probas de agility

Probas de agility

Este fin de semana tivo lugar en Carral o I Campionato de Agility “Cousadecans” organizado polo club co mesmo nome e coa colaboración do Concello de Carral. Esta proba, puntuable para o campionato de España 2016 de RSCE, contou coa presenza do xuíz internacional Domingos Carneiro (Portugal)

Os cans participantes na competición son distribuídos en 3 categorías segundo a altura do can: mini, midi e Standard; así como en 4 niveis segundo o grao de dificultade: Grao 0 ou pre-agility (cans e guías recentemente iniciados ou moi novos), Grao 1 (cans e guías que realizan todos os elementos e fan percorridos sinxelos), Grao 2 (cans e guías de nivel avanzado que compiten para conseguir clasificarse para o campionato de España) e Grao 3 (cans e guías de alta competición que buscan clasificarse para o campionato do mundo). Os tipos de percorridos son o Jumping e Agility. O Jumping é un tipo de competición no que só se executan saltos, túneles e slalom, mentres que o Agility é un tipo de competición no que se executan todos os elementos.  

O torneo disputouse ao longo dos dous días do fin de semana. Así, o sábado foron 40 os cans que tomaron parte na competición que comezou sobre as 16.30 para terminar ao redor das 21.00 h. Aquí estiveron presentes oito equipos de diversas procedencias (Montegatto de Oza-Cesuras, Teocan de Teo, Agility Cantabria, Xanastur de Asturias, ACADE de Santiago, Canedupo de Lugo, Caoporta de Portugal, Cousadecans de Carral). O domingo foron 42 os cans participantes procedentes dos mesmos 8 equipos. A competición empezou sobre as 10.00 da mañá para concluír coa entrega de premios sobre as 14.00 h da tarde a cargo do alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño e o árbitro Domingos Carneiro. 

22 de xuño de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.