Fin de curso da Tradescola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Mañá martes día 16 de Xuño a partir das 19.00 h., celebrarase na Praza de Anxo Fdez. Gómez o concerto fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, remata as clases de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso e no que participaron máis de 260 alumnos.

No acto de fin de curso tamén se fará entrega dos premios aos 10 finalistas do III certame de debuxo para escolares realizado pola Tradescola o pasado mes de maio. Neste certame, que acadou unha moi boa participación, entregaron os seus debuxos sobre os instrumentos de música tradicional preto de 600 nenas e nenos dos distintos centros escolares do Concello de Lugo. 

Os 10 finalistas do III certame de debuxo son:

Amaya Maseda Cuoro do CEIP Illa Verde

Alejandro Fernández Siota do CEIP Menendez Pelayo

Adrián Couso Ouro do CEIP Anexa

Francisco Longarela Neira do CEIP Albeiros

Elisa Fernández Mira do CEIP Paradai

Candela Gil Riveras do CEIP Luis Pimentel

Joel López Varela do CEIP  A Ponte

Laila Yasmín Pérez Cardoso do CEIP As Mercedes

Manuel López Soengas do CEIP Luis Pimentel

Sabela Recamán Meilán do CEIP Rosalía de Castro

A Asociación de Gaiteiros Galegos obtivo un balance moi positivo do que foi o septimo ano de vida da Tradescola, un ano no que ademais das aulas impartidas, organizáronse distintas actividades de promoción e difusión da cultura tradicional.

No último semestre, a Tradescola levou a cabo numerosas actividades como obradoiros de bailes e xogos para o público xeral, o concerto-obradoiro de cantos de Nadal, o obradoiro de construción de zambombas, o obradoiro de instrumentos vexetais, concertos didácticos de música Tradicional para os escolares dos concellos de Outeiro de Rei, Pastoriza, Guitiriz, Guntín…,a cuarta edición do curso de construción de palletas e pallóns, un concerto didáctico para nenos realizado en Lugo no Ceip Santa María, concertos didácticos para escolares lucenses e cataláns en colaboración co Proxecto Galauda, O concerto “Sons de Maio” e cabe destacar a organización do III certame de debuxo para escolares sobre “Os instrumentos da música tradicional galega”, no que participaron preto de 600 escolares.

Dende os inicios da Tradescola, fíxose posible que xa máis de 4500 persoas puideran asistir a conferencias, aulas, cursos, exposicións, concertos, obradoiros, actuacións, certames e monográficos realizados por esta escola na cidade de Lugo e nas distintas comarcas da provincia. 

15 de xuño de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.