Festas grandes en San Eleuterio
A parroquia mosense de Tameiga celebra dende mañá e ata o vindeiro luns, día 29 de xuño, as Festas de San Eleuterio 2015. O programa festivo comezará mañá, venres 26 de xuño, cunha gran sardiñada amenizada por dous gaiteiros seguida dun concerto do Grupo América que dará inicio ás 00.00 horas da madrugada.
O sábado, día 27, a verbena empezará ás 22.00 horas e contará coas actuacións das orquestras Capitol e Ciudad Cristal.
O domingo pola mañá haberá pasarrúas e concerto a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso. A verbena será a partir das 21.30 horas amenizada musicalmente polas orquestras Ismael e Yucatán.
E o luns, día 29 de xuño, ás 22.00 horas a verbena fin de festa correrá a cargo das orquestras Olympus e Gran Atlanta.
En canto a actos relixiosos oficiarase o domingo 28 ás 12.30 horas da mañá a Misa Solemne de campaña con procesión e o luns 29 ás 12.00 horas a Misa por tódolos socios e familiares falecidos.











