Festa de fin de tempada para a Escola Terra

Festa de fin de tempada da Escola Terra
Onte xoves tivo lugar a festa de clausura da tempada 2014-15 para a Escola Terra que tivo lugar no campo de fútbol Luís López Gorgoso de Lugo aproveitando o bo tempo ao aire libre. Foi un día festivo e goce para todos os alumnos, e así de 17:00 a 20:00 horas todos os nenos gozaron ao grande coas actividades multideporte expostas polos monitores como foron béisbol, rugby, fútbol 7 ou futvoley. Ademais, os xogadores tamén puideron gozar de inchables, grazas á colaboración da empresa de animación de lecer e tempo libre IG10.
Para pechar esta festa fin de tempada, ás 19:45 horas entregáronse os diplomas a cada un dos alumnos participantes os cales foron entregados por Manuel Otero Méndez (Xefe Provincial Deportes – Xunta de Galicia) e Iván Pico (Xerente Fundación Azkar).











