Ferrol desenvolverá no barrio da Magdalena novas actividades de promoción e dinamización do comercio e hostalería
O concelleiro responsable da Área de Economía en función, Alejandro Langtry Caínzos, presentou hoxe as novas actividades que se desenvolveránn esta fin de semana dentro do Programa de Dinamización e Promoción do Comercio e da Hostalería locais deseñado polo Concello de Ferrol. Langtry Caínzos deu conta destas actividades acompañado do presidente da Asociación de Comerciantes da Zona Centro (ACOF) – Centro Comercial Aberto da Magdalena, Cristóbal García Nores.
Así as cousas, o barrio da Magdalena acollerá este sábado 13 de xullo as seguintes actividades:
– Mercadillo de “gangas”, con máis de 50 establecementos comerciais participantes que ofrecerán descontos de até o 70% e que se desenvlverá de 10.00 a 12.00 horas.
– O primeiro mercadillo musical, que se localizará na rúa Magdalena. No mesmo poderánse encontrar dende instrumentos musicais até CD´s ou aparatos de música, etc…
– Actividades infantís na praza de Amboage.
Ademais, haberá un pasarrúas de música tradicional coincidindo coa celebración destas actividades; e os clientes que merquen en comercios asociados a ACOF redibirán unha invitación a tomarse un “vermouth” en establecementos de hostalaría que colaboran con esta iniciativa.
O todavía concelleiro de Economía reiterou que o obxectivo destas actividades é dinamizar un sector importante para a economía local, así como o centro da cidade. “Queremos que Ferrol sexa un destino de ocio, de turismo e tamén para disfrutar do seu comercio e hostalaría”.











