Ferrol colabora co Colexio Compañía de María na II Milla Mariña Atlética
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Deportes, colabora na II Milla Mariña Atlética que organiza o colexio Compañía de María e que nesta segunda edición leva o nome de “1852 Ferrol”. A carreira terá lugar o vindeiro día 20 de xuño, con saída da praza de España a partir das 11.00 horas.
A inscripción nesta proba é gratuíta e aberta a corredores federados, non federados, escolares e a familias; e poderá realizarse polas seguintes vías: na Secretaría do centro escolar Compañía de María, situado na rúa San Amaro número 18, en horario de 09.00 a 13.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas (Teléfono: 981 322 796). Ou por email, enviando un correo electrónico a: www.correrencompania@gmail.com. En ambos casos deberá indicarse nome, apelido e data de nacemento. Así mesmo, os interesados en participar na proba familiar deberán indicar o número de membros da familia que integran o seu equipo e incluír os nomes e datas de nacemento de cada un deles. O prazo de inscrición pecharase na Secretaría do colexio o mércores 17 de xuño ás 14.00 horas; e online ese mesmo día ás 00.00 horas.
No que atinxe ás categorías, estas comprenden absoluta, nados 2001-02; nados 2003-04, nados 2006-06; naedos 2007-08 e nados 2009-11. Recibirán premios os tres primeiros de cada categoría. Así mesmo, entregaránse 100 euros en metálico para o vencedor da proba se mellora o tempo da primeira edición desta milla mariña (5 minutos / 21 segundos). Tamén outorgaráse o trofeo “lobo de mar” en categoría masculina e feminina aos primeiros en superar a liña de meta inscritos nesta categoría. Na clasificación familiar, haberá premios as tres primeiras familias, e consistirán en cheques-regalos en superficie deportiva por unha contía de 150, 100 e 50 euros para o 1º, 2 e 3º equipo familiar. Ademais, concederase un premio especial de 100 euros en metálico á familia máis numerosa.











