Ferrol acollerá o 28 de xuño a III Carreira Popular da Ruta da Construción Naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, e representantes do Equipo de Corredores Populares da Armada, presentaron esta mañá na Casa Consistorial a 3ª Carreira Popular “A Ruta da Construción Naval”, que se celebrará o domingo 28 de xuño. Xunto coa Concellería de Deportes, as Concellerías de Turismo e Igualdade do Concello de Ferrol patrocinan este evento que aínda que este an é a súa terceira edición xa está consolidada como un clásico dentro das carreiras populares de Galicia; e de feito na anterior edición contou coa participación de máis de 800 corredores nas súas diferentes categorías.

Neste sentido, Martínez Galdós manifestou a súa confianza en que esta proba atlética popular “teña continuidade no futuro”. Así mesmo, agradeceu á Armada española, Autoridade Portuaria, Navantia e a todos os colaboradores privados que co seu apoio fagan posible a celebración dun evento que percorre lugares tan emblemáticos de Ferrol como o acuartelamento de Dolores, o Arsenal Militar, a factoría de Navantia e a Escola de Especialidades Antonio de Escaño ao longo dun percorrido total de 10 quilómetros.

Esta 3ª Carreira Popular “Ruta da Construción Naval” será tamén unha xornada  enteira dedicada ao deporte en familia. A categoría absoluta sairá dos arredores do pavillón polideportivo da Armada “Batallones” ás 11.00 horas; pero antes e despois desta proba tamén se celebrarán carreiras con distancias máis curtas. Estes son os horarios e distancias:

– 10.00 h: Infantil (2002-03): 2.000 mts.

– 10.20 h: Alevín (2004-05): 1.000 mts.

– 10.35 h: Benxamín (2006-07): 800 mts.

– 11.00 h: Cadete (2000-01): 3.000 mts. / E saída da categoría de adultos.

– 12:15 h: Prebenxamín (2008-09): 100 mts.

– 12:25 h: Biberón (2010-11): 50 mts.

Anotacións

As inscricións poderán realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com para as categoráis de adultos (Xuvenís-Veteranos). As inscricións das categorías de pequenos (Cadete-Biberón) realizaránse a través do formulario que se encontra na páxina da Delegación de Atletismo de Ferrol (www.fgatletismo.es/ferrol). O prazo para anotarse rematará o mércores día 14 de xuño ás 23:59 horas (Xuvenís-Veteranos); e ás 19.00 horas (Cadete-Biberón).

A retirada de chips, dorsais e camisetas para a carreira de Adultos será na tenda de deportes “Sprinter”, situada no Centro Comercial Parque Ferrol, o sábado 27 de xuño de 10.00 a 22.00 hora; e no pabillón polideportivo da Armada, situado na avenida Mac Mahón, o mesmo día da carreira até unha hora antes do horario de saída da proba.

Outras actividades 

Esta terceira edición da carreira da Ruta da Construción Naval pretende ser non soamente unha competición deportiva senón tamén unha gran celebración familiar en que se aúne deporte, cultura e ocio. Así, contará de maneira paralela con actividades como hinchables e xogos populares para os máis pequenos, situados nas proximidades da liña de meta; visitas gratuítas ao Museo Naval; Exponav e xornadas de portas abertas no Arsenal Militar para seguir a proba.

Ademais, instalarase un punto de recollida de comida non parecedeira para a Asociación Dios y Pan de Ferrol.

5 de xuño de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.