publicidade hoxe

Fernando Pérez Fernández presenta este sábado o seu primeiro disco na Casa da Cultura de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

O guitarrista local Fernando Pérez Fernández ofrecerá este sábado 20 de xuño un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Lousame no que presentará o seu primeiro traballo discográfico “Feel past fret: unha viaxe polas emocións guitarrísticas” e no que contará coa colaboración da Banda Xuvenil de Lousame. O concerto dará comezo ás 19:30 horas e a entrada é totalmente libre e de balde.

“Feel Past Fret” é o primeiro CD como solista de Fernando Pérez, editado en 2013 polo selo iTinerant Classics. Segundo o propio Pérez Fernández, “é un concerto diferente, no que se mesturan música, imaxes e historia. Unha voz en off introduce o contexto e a música que se escoitará en directo, a cal verase apoiada por unha proxección de imaxes que recrean o ambiente da época”. 

Así, os veciños e veciñas de Lousame terán a oportunidade de escoitar un repertorio musical moi variado, dende o Renacemento ata os nosos días, pasando polo Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo. Unhas pezas que serán interpretadas a través de instrumentos orixinais da época como a vihuela, a guitarra barroca ou a guitarra clásico-romántica, ademais da guitarra actual.

18 de xuño de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.