publicidade hoxe

Fene celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, invita a veciños e veciñas a asistir á xuntanza do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes que se celebrará mañá martes, 2 de xuño, baixo o título “Os dereitos asertivos”. Unha sesión que dará comezo ás 17 horas e se prolongará ata as 18 no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, bloque I, baixo, San Valentín). O Grupo de Apoio a Familias pretende converterse nun espazo para compartir experiencias, sentimentos e dúbidas. Na sesión do martes abordarase a asertividade como ferramenta para expresar as necesidades de cada un dende o respeto á outra persoa. Por iso é tan importante que os coidadores coñezan cales son os seus dereitos e que técnicas teñen á súa disposición para facelo, porque aquelas persoas que saben defender os seus intereses e necesidades dende unha perspectiva asertiva teñen maiores índices de satisfación na súa vida cotiá.

En paralelo, no mesmo Centro de Servizos Sociais pero entre as 16,30 e as 18 horas, celebrarase unha nova sesión do obradoiro “Recuperación memoria”, pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. Por iso, os participantes pasan unha proba previa para valorar o seu estado e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. As accións están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención, así como retrasar a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. As sesións celébranse todos os martes e tanto o Grupo de Apoio a Familias como os obradoiros “Recuperación Memoria” inclúense no programa de envellecemento activo Tardes Activas, que organiza o Concello coa colaboración económica da Deputación.

1 de xuño de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.