FECIMO continúa coa formación empresarial centrada na xestión de clientes e as estratexias de fidelización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMOcelebrará unha xornada que versará sobre: “A XESTIÓN DE CLIENTES E ESTRATEXIAS DE FIDELIZACIÓN”, continuando a formar ás súas empresas asociadas do Morrazo para ofrecer un servizo de calidade aos clientes.

Será este MÉRCORES, 24 DE XUÑO ás 21:15h na sede da Federación en Cangas – Avda. De Vigo nº91 baixo-. Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Fernando Simón, Especialista en Venda Relacional, co que xa se realizaron outras actividades de técnicas de venda.

É unha xornada dirixida a calquera sector e actividade, que abarcará temas como:

– Sistemas de xestión de clientes. Aumentar as vendas coas novas ferramentas de márketing.

– A xestión de clientes con software CRM – O caso “ConAlfombraRoja”.

– Mellorar a xestión do tempo.

– Segmentación de clientes.

Os asistentes coñecerán da man dun profesional as tendencias en marketing e como poden axudarlle as novas tecnoloxías a mellorar a experiencia de compra e a fidelidade dos seus clientes.

Verán cómo crear campañas personalizadas en función dos diferentes gustos e intereses do cliente lles pode resultar rentable, así como a importancia da comunicación.

Dado que o aforo é limitado, rogamos ás empresas interesadas se poñan en contacto coas oficinas da federación a través do teléfono 986 305 000 ou mediante correo electrónico a fecimo@fecimo.es.

20 de xuño de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.