FECIMO acolle unha xornada de redes sociais para o sector da Hostalaría e Restauración
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMOcelebrará unha interesante xornada que leva por título: “AS REDES SOCIAIS PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA E GASTRONÓMICA”, unha actividade promovida polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda.
Será o MARTES, 9 DE XUÑO ás 17:30h na sede da Federación en Cangas – Avda. De Vigo nº91 baixo-. Está especialmente dirixida ao sector da hostalaría, así coma tamén a empresarios e promotores turísticos que desexen informarse acerca de novas vías de promoción para os seus negocios. A xornada desenvolverase en 2 horas, impartida por Víctor Gómez Romero, consultor e profesor de marketing, abarcando os seguintes temas:
– As redes sociais e o novo modelo de consumidor.
– Utilización de Facebook e outras redes sociais no sector turístico e gastronómico.
– Campañas de marketing gastronómico.
O obxectivo deste taller é:
– Coñecer como aplicar a un establecemento de hostalería o negocio turístico das redes sociais máis habituais no sector.
– Entender o seu funcionamento.
– Descubrir como, desenvolvendo as campañas axeitadas, poderemos acadar os obxectivos desexados.
As redes sociais xogan un papel fundamental na comunicación de hoxe en día. A meirande parte da poboación atópase conectada, e as redes sociais son o escenario onde os consumidores pasan cada vez máis tempo, adicando parte do seu tempo de lecer á búsqueda e comunicación a través destes medios.
É polo tanto fundamental para as empresas que se adican ao sector do ocio e servizos dispoñer dunha presencia activa nestes medios, posto que é ahí onde o seu consumidor ten posta a atención.
Esta xornada é gratuíta para aqueles establecementos que desexen participar. Dado que o aforo é limitado, rogamos se poñan en contacto coas oficinas da federación a través do teléfono 986 305 000 ou mediante correo electrónico a fecimo@fecimo.es











