publicidade hoxe

Exposición de pintura en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O próximo fin de semana o Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño acolle a Festa do Sto. Cristo da Victoria e unha Exposición de Pintura das alumnas das clases de pintura de As Mulleres Rurais Tempo Gañado. O 13, 14 e 15 de xuño de 2015, no Castelo de Dona Urraca,  de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 22.00h, exposición de pintura, onde as alumnas das diferentes clases de pintura que imparte a Asociación de Mulleres Rurais Tempo Gañado, exporán os traballos realizados nos últimos meses.

Ademais o día 13, na praza do Castelo actuará a orquesta Televisión e a Talismán. O Domingo 14, a partir das 11 da mañá, pasarrúas da Banda de Música, ás 12 misa solemne, con procesión. Ao remate concertó da Banda de Música de Salvaterra e da Banda de Gaitas Pontenova. Ás 19.30 a Banda de Música dará outro concertó e pola noite a verbena estará a cargo da orquesta Miramar e Fin de Siglo.

9 de xuño de 2015 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.